Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias Castaño
Docentes das catro provincias galegas reuniranse virtualmente para formarse, reflexionar e debater arredor da figura de Xela Arias na Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias Castaño organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Literatura, poesía, tradución, xornalismo, compromiso e universalismo
Este ano, por mor da pandemia, e para facilitar a participación de toda a comunidade educativa galega, optamos por organizar a actividade en varios días (22, 29 de abril e 5 e 13 de maio) e de xeito telemático por medio de videoconferencias.
Logo da presentación oficial que contará coa presenza de Valentín García, secretario Xeral de Política Lingúística, Henrique Monteagudo, presidente en funcións da Real Academia Galega e de varios membros da familia de Xela Arias, desenvolveranse as conferencias da man de estudosos/as de recoñecido prestixio (Montse Presas, Chus Nogueira, Yolanda Castaño, Manuel Bragado, Ana Luna, Ramón Nicolás, Emma Pedreira ou Anxo Xoán Rajó, entre outros) que abordarán desde diferentes perspectivas a figura de Xela Arias (biografía, poesía, narrativa, tradución, compromiso...) así como unha mostra de boas prácticas e experiencias dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros educativos relativas á difusión da obra da escritora.
A Xornada do Día das Letras Galegas organízaa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Subdirección Xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos, á que pertence o CAFI, no marco da programación que a Xunta de Galicia destina a conmemorar o 17 de maio e a difundir a vida e a obra do autor homenaxeado en tal data.
Poden consultarse máis iniciativas e materiais relacionados con esta celebración no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/letras-galegas) e quen queira asistir deberá apuntarse na seguinte ligazón através de fprofe (www.lingua.gal/fprofe).
Programa da actividade G2002141Xornada do Día das Letras Galegas. Xela Arias Castaño
22 de abril de 2021 - xoves
17:30 - 18:00 - Inauguración das Xornadas
Valentín García Gómez - Secretario Xeral de Política Lingüística
Henrique Monteagudo Romero - Presidente en funcións da RAG
Familia de Xela Arias
18:00 - 18:45 - Conferencia
'Vencerse é cousa de se tratar: un achegamento á vida e á obra de Xela Arias'
Montserrat Pena Presas - Universidade de Santiago de Compostela
18:45 - 19:30 - Conferencia
'Busco a vida entre papeis. Achegamento á biografía e á obra de Xela Arias'
María Xesús Nogueira Pereira - Universidade de Santiago de Compostela
19:30 - 20:00 - Experiencias dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega con Xela Arias
'Vídeo-resumo da vida e da obra de Xela Arias'
David Rial Araújo - CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)
'Querida Xela'
José Manuel López Cabana e Noemí Tallón Pérez - CEIP Frei Luís de Granada de Sarria (Lugo)
29 de abril de 2021 - xoves
18:00 - 18:45 - Conferencia
'Xela Arias: a aventura de ser unha mesma'
Yolanda Castaño Pereira - Escritora
18:45 - 19:30 - Conferencia
'Xela Arias no pouso dos afectos. Vida, obra e recursos didácticos'
Manuel Bragado Rodríguez - CEIP Laredo e CEIP Cedeira de Redondela (Pontevedra)
19:30 - 20:00 - Experiencias dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega con Xela Arias
'Seminario Galán. Xela Arias, Letras Galegas 2021. Actividades na Rede'
Alejandra Campo Penín - CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha (A Coruña)
'Xela Arias nas ondas'
Olalla Liñares García - IES Plurilingüe Fontexería de Muros (A Coruña)
05 de maio de 2021 - mércores
18:00 - 18:45 - Conferencia
'Xela Arias: texto e reverso'
Ana Luna Alonso - Universidade de Vigo
18:45 - 19:15 - Conferencia
'Xela Arias, narradora'
Ramón Nicolás Rodríguez - IES Castelao de Vigo (Pontevedra)
19:15 - 20:00 - Experiencias dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega con Xela Arias
'Festa da Lingua 2021'
Marta Domínguez Tenreiro y Mercedes Comba Otero - CPR Plurilingüe CPR Plurilingüe Esclavas Sagrado Corazón de Jesús (A Coruña)
'Non nos amola'
María do Mar Hermida Pico - IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña)
'Musicando a Xela Arias'
Víctor Alfonso Castro Martínez - CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra)
13 de maio de 2021 - xoves
18:00 - 18:30 - Experiencias dos Equipos de Dinamización da LG con Xela Arias
Centro gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas - A
'Xela Arias e as palabras'
Susana Crespo Pérez - CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro de Redondela (Pontevedra)
18:30 - 19:00 - Experiencias dos Equipos de Dinamización da LG con Xela Arias
Centro gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas - B
'Abecedáriome'
Carlos Negro Romero - IES Plurilingüe de Ames (A Coruña)
19:00 - 19:30 - Propostas didácticas
'Deconstruír o equilibrio, reconstruír a perspectiva: propostas para abordar a poesía de Xela Arias nas aulas'
Emma Pedreira Lombardía - Escritora
19:30 - 20:00 - Conferencia
'Dignidade ou como Xela Arias sofre pola terra nosa'
Anxo Xoán Rajó Pazó - IES República Oriental do Uruguai de Vigo (Pontevedra)