G2001061 - Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta
Curso centrado na formación do profesorado para a procura dunha intervención en orientación académico-profesional inclusiva, na que o enfoque de xénero se adopte no traballo desenvolto neste senso, tanto a nivel de centro, como de aula.
Xov, 04/03/2021 - 21:03
Código: G2001061
Datas: 09/04/2021 a 08/06/2021
Duración: 30 h
Data límite de inscrición: 21/03/2021
Modalidade: en Rede
Obxectivos
1.Reflexionar sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero na construción da identidade.
2.Fomentar a centralidade no emprego das rapazas e a corresponsabilidade dos rapaces.
3.Promover a diversificación formativa e profesional e a toma de decisións libre de estereotipos de xénero.
Contidos
1.Procesos de socialización e construción da identidade.
2.Análise de xénero do medio académico e do mercado laboral.
3.Estratexias de intervención con perspectiva de xénero.
Inscripcións abertas en Fprofe