Costureiro docente - Formación en ensino mixto para colectivos específicos
Oferta formativa que propón achegas de profesionais e institucións sobre o ensino mixto. Así mesmo, explóranse outras modalidades de ensino co obxectivo de ver que aspectos destas se poden incorporar á propia práctica docente. Proponse un modelo de coordinación horizontal a través de traballo en equipo para facer escollas e implementar un deseño de secuencias didácticas curtas e, de ser posible, integradas. Por último, analízase o ecosistema dixital galego e como este pode servir a eses fins en tanto nos permite organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.
A formación ten unha duración de 50 horas, está programada para os meses entre marzo e maio e desenvólvese por completo na Rede (sen sesións síncronas ou de conexión por videoconferencia). Ademáis é compatible con outras actividades na plataforma Platega e está organizada por colectivos específicos, con achegas realizadas por profesorado de cada un deles.
O prazo de inscrición en Fprofe remata o 25 de febreiro, a través do código da actividade:
- G2001099 - Ensino mixto para educación primaria
- G2001100 - Ensino mixto para educación secundaria
- G2001097 - Ensino mixto para formación profesional
- G2001095 - Ensino mixto para persoal de atención á diversidade
- G2001096 - Ensino mixto para educación das persoas adultas