A Consellería de Educación convoca axudas para as estadías de investigación fóra de Galicia

O orzamento acada o millón de euros, o que supón un incremento do 25% desde o cambio de goberno autonómico

Dom, 02/10/2011 - 09:59

A Consellería de Educación de Ordenación Universitaria vén de convocar as axudas para estadías de investigación fóra de Galicia, cun orzamento dun 1.000.000 de euros. Unhas axudas que están incluídas dentro do Plan Galego de Investigación Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o presente ano.

O obxecto da convocatoria é financiar a realización de estadías fóra de Galicia para favorecer intercambio de modo que se establezan  relación de cooperación frutíferas e desde xeito se enriqueza o capital humano a través das experiencias adquiridas durante o período de investigación realizado fóra da comunidade.

A convocatoria esta dirixida ao persoal investigador que se atope contratado polas universidades do Sistema Universitario Galego ao abeiro das axudas do programa Ángeles Alvariño, que no teñen realizados 24 meses de estadías posdoutorais, así como o persoal investigador en formación do programa María Barbeito dos anos 2008, 2009 e das dúas prórrogas.

A duración das axudas varían en función do programa ao que se pertenza, deste xeito os do programa Ángeles Alvariño poderán ser de un a dez meses de duración, e do María Barbeito de un a tres meses.

Axudas en desprazamento e destino

O importe das axudas variaran en función dos destinos. Deste xeito se a investigación se realiza en España, Portugal ou Andorra, as axudas acadan un máximo de 1.200 euros mensuais; mentres que para o resto de Europa, África ou Iberoamerica pode chegar a 1.500, e no caso de que a incorporación fora a Estados Unidos, Canadá ou países de Asia e Oceanía a axuda podería chegar aos 1.900 euros ao mes.

Estas axudas complementaranse con outras relativas ao transporte que ascende a 400 euros para España, Portugal, Andorra; mentres que se a viaxe é ao resto de Europa será de 600 euros, e no caso de que o desprazamento sexa ao resto do mundo será de 1.000 euros.

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes e toda a información pode atoparse no Diario Oficial de Galicia, ou no enlace web: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110929/AnuncioC3F1-210911-6571_gl.pdf

Con esta convocatoria a Consellería de Educación, a través da secretaria xeral de universidades volve a demostrar o seu apoio ao mundo universitario, e neste caso aos investigadores. Deste xeito e a pesar da grave crise económica a convocatoria deste ano incrementa nun 25% o seu orzamento respecto do ano pasado co obxectivo de responder as demandas dos investigadores que se están a formar en Galicia.