O conselleiro de Educación inaugura as novas instalacións da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

A asociación dedicase a difundir a cultura e o deporte cidadán conta desde hoxe cun novo recinto que dispón de salón de actos e aulas para o desenvolvemento das actividades

Está composta por 23 entidades culturais, lúdicas, deportivas e independentes

Xov, 22/09/2011 - 21:00
O conselleiro de Educación inaugura as novas instalacións da Agrupación de Centr
O conselleiro de Educación inaugura as novas instalacións da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou, na cidade de Vigo, as novas instalacións da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo pon en marcha.

Durante o acto Vázquez destacou “a Agrupación realiza unha excelente labor de difusión de actividades culturais e deportivas no concello de Vigo. Deste xeito, abrangue a dinamización da cultura popular e do deporte de base desde moi distintos ámbitos, sempre complementarios”, ao que engadiu que “sodes, sen dúbida, unha porta aberta á convivencia e ao entendemento, unha fiestra pola que entra o aire fresco que contribuirá á nosa recuperación”.

Durante o acto destapouse unha placa conmemorativa no exterior do recinto,e posteriormente realizouse un percorrido polas instalacións compostas de aulas, un salón de actos de trescentos metros cadrados e despachos. Durante a visita o conselleiro estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Lucia Molares; o presidente da Agrupación, Roberto Giráldez Barbeitos, así como por varios presidentes e directivos dos colectivos culturais, veciñais e deportivos do concello, así coma varias personalidades que apoian a causa da propia asociación.

Este centro será un novo lugar para a realización de actividades de animación sociocultural e formación, a asociación aspira a converterse nun referente para o conxunto da cidade olívica.

Obxectivos

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo é unha asociación sen ánimo de lucro que desenrola unha labor de difusión da cultura e do deporte entre toda a cidadanía viguesa. Esta composta por 23 entidades da cidade, incluíndo centros culturais, lúdicos, deportivos e asociacións independentes que en conxunto integran a unhas 12.000 persoas.

Os obxectivos da Agrupación son representar antes os organismo as asociacións federadas, organizar actividades e actos con ampla demanda social, axudar a entidades federadas, propoñer e subscribir acordos e convenios coa asociación e federados, e levar a cabo actuacións para dar saída a mocidade.

Con esta actuación a Consellería de Educación demostra unha vez máis o seu compromiso coa cultura e o deporte galego, pois o respaldo a este tipo de organizacións e actividades beneficia a todo o conxunto da sociedade galega.