Título node Learning object

Primeiro número de “Prácticas en Educación Bilingüe e Plurilingüe”
Xov, 08/10/2009 - 14:38
Portada do primeiro número de “Prácticas en Educación Bilingüe e Plurilingüe”

Xa está publicado o primeiro número de Prácticas en Educación Bilingüe e Plurilingüe, primeira publicación electrónica dirixida ás persoas que participan en proxectos relacionados co fomento do plurilingüismo.

Neste primeiro número destaca a presenza de David Marsh ou a entrevista a Carmen Pérez Vidal, así como as diversas experiencias achegadas por varios centros educativos de toda España. Nuria Prieto, do IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) presenta The Pilgrims Project, a experiencia plurilingüe no camiño de Santiago.