Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo da convocatoria, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.
- Convocatoria
-
Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
- Convocatoria
-
Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
Dirixida a familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que estean matriculados en:
-
Educación primaria
-
Educación Secundaria Obrigatoria
-
Educación Especial
- Que modalidades de axudas existen
-
Contémplanse os seguintes tipos:
- Fondo solidario de libros de texto, para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria ; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso anterior.
- Axudas para adquirir libros de texto, para o alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira (alumnado con discapacidade superior ao 65%) e segunda da orde correspondente (necesidades específicas de apoio educativo).
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso que corresponda na convocatoria está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na correspondente orde.
- Solicitudes
-
A solicitude pode ser efectuada por pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado, e será única para tódas as fillas e fillos, sendo o medio de presentación preferible a aplicación informática fondolibros, que tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo é polo menos dun mes desde a publicación da convocatoria, e adoita publicarse no mes de maio.
- Documentación complementaria a presentar coa solicitude
-
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Certificado ou volante de convivencia, de ser o caso.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, de ser o caso.
- Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
- Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.
- Publicación de listaxes
-
Publicaranse no taboleiro de anuncios do centro docente e/ou na súa páxina web:
- a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario
- a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión e que inclúe a relación, provisional e definitiva, de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan.
- Obrigas das persoas beneficiarias
-
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso correspondente na convocatoria.
Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
- A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso correspondente á convocatoria.
- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar correspondente na convocatoria e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
- Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
- Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Regúlanse por Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares en centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.
Para poder ser usuario do servizo, o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda segundo a distribución das áreas de influencia establecidas polos titulares das Xefaturas Territoriais da Consellería ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa.
Durante os meses de xuño e xullo do ano en curso os centros reunirán e ordenarán as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso de xeito que, de existiren máis solicitudes que prazas autorizadas no comedor escolar, o Consello Escolar, de conformidade co Decreto 132/2013, revisará e baremar á a totalidade das ditas solicitudes, avaliándoas, segundo dispón a Orde do 21/02/2007.
- Usuarios gratuitos
-
Serán usuarios gratuitos de los comedores escolares:
- Los alumnos que cursen la enseñanza básica y el segundo ciclo de educación infantil pertenecientes a unidades familiares que se encuentren en situación socioeconómica de exclusión social certificada por los servicios sociales autonómicos o municipales correspondientes.
- Los alumnos que cursen la enseñanza básica y el segundo ciclo de educación infantil que se encuentren en situación de acogimiento residencial o familiar.
- Los alumnos que cursen la enseñanza básica y el segundo ciclo de educación infantil con un grado de discapacidad declarado igual o superior al 33 %.
- Los alumnos que cursen la enseñanza básica y el segundo ciclo de educación infantil pertenecientes a unidades familiares víctimas de terrorismo o de violencia de género acreditada documentalmente.
- Los alumnos que cursen la enseñanza básica y el segundo ciclo de educación infantil pertenecientes a unidades familiares con una renta familiar anual neta per cápita inferior a 7.000 euros.
- Los padres, madres, tutores legales y acogedores familiares de alumnos matriculados en enseñanza básica y segundo ciclo de educación infantil que colaboren en la atención de los alumnos comensales durante los días en que se desarrolle su colaboración efectiva.
- Personas beneficiarias de bonificaciones en los comedores gestionados por la consellería competente en el ámbito educativo
-
El uso del comedor escolar en los supuestos no descritos en los casos precedentes dará lugar al abono total o parcial de este servicio en los términos siguientes:
La consellería asumirá, total o parcialmente, el coste del mismo en los siguientes supuestos:
Serán beneficiarios de bonificación para comedor, excepto en la cuantía de un euro de abono por día de servicio, los alumnos cuya renta familiar neta anual per cápita se encuentre en las siguientes condiciones:
Unidades familiares con un único menor que curse enseñanza básica obligatoria y/o segundo ciclo de educación infantil
Renta anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 €
Unidades familiares con dos menores que cursen enseñanza básica obligatoria y/o segundo ciclo de educación infantil
Renta anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000,00 €
Unidades familiares con tres o más menores que cursen enseñanza básica obligatoria y/o segundo ciclo de educación infantil
Renta anual neta per cápita igual o superior a 7.000,01 €
Serán beneficiarios de la bonificación para comedor, excepto en la cuantía de 2,50 euros de abono por día de servicio, los alumnos cuya renta familiar neta anual per cápita se encuentre en las siguientes condiciones:
Unidades familiares con un único menor que curse enseñanza básica obligatoria y/o segundo ciclo de educación infantil
Renta anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 €
Unidades familiares con dos menores que cursen enseñanza básica obligatoria y/o segundo ciclo de educación infantil
Renta anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000,00 €
- Calculadora
-
Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unhacalculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo enfunción da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menoresen idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link: Calculadora
Regúlase por Decreto 160/1988, do 9 de xuño, a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, modificado por DECRETO 65/2014, do 28 de maio.
O transporte escolar fai referencia as rutas detransporte especial de escolares que cursen ensinanzas obrigatorias e de oferta obrigatoria en centros docentes público.
- Usuarios lexítimos
-
Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.
Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e adistribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa.
Do mesmo xeito, para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso.
- O uso do servizo por persoas distintas dos seus usuarios lexítimos
-
Ante a eventualidadede que haxa vehículos que conten con prazas vacantes nas rutas de transporte escolar xestionadas pola Consellería de Educación e co obxectivo de optimizaros recursos dispoñibles, poderase, autorizar, o uso do servizo aos colectivos seguintes, sempre que concorran certos requisitos:
- Ao alumnado de ensino obrigatorio, FP Básica e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 men zona non urbanizada.
- Ao alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden deacordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domiciliosfamiliares
- Ao alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite autilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.
- Ao alumnado de bacharelato, ciclos formativos medios e superiores deFP e programas similares
Co obxectivo de facilitar o acceso ao ensino postobrigatorio non universitario a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional oferta anualmente prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.
Tamén se ofertan anualmente prazas de persoas colaboradoras bolseiras para alumnado universitario nos centros residenciais docentes.
O período de funcionamento coincidirá co calendario escolar do curso, e, en todo caso, o centro residencial permanecerá pechado a partir do 30 de xuño.
Así mesmo, os centros residenciais docentes pecharán a fin de semana (desde o venres pola tarde ata o domingo pola noite).
- Obxectivo
-
-
No caso do alumnado non universitario, facilitar o acceso ao ensino postobrigatorio non universitario proporcionando ao alumnado residente un servizo de aloxamento e mantenza cando o ensino se teña que cursar en localidade diferente da habitual de residencia en centro sostido con fondos públicos.
-
No caso do alumnado universitario, facilitar aloxamento e mantenza gratuíta no centro residencial, a cambio de que colabore co persoal profesional que traballa neste en determinados aspectos relacionados coa orde interna, a convivencia e o desenvolvemento de accións formativas e complementarias destinadas ao alumnado residente
-
- Modalidades
-
Para o alumnado non universitario a axuda consiste en acceder a unha praza de residencia de forma gratuíta ou bonificada, en función da renda da unidade familiar.
-
Praza gratuíta: cando a renda sexa igual ou inferior ao limiar 2 establecido para as bolsas e axudas ao estudo que convoca o Estado.
-
Praza bonificada: cando a renda sexa superior ao devandito limiar. A contía que terá que aboar anualmente a persoa beneficiaria está en función da porcentaxe na que a renda familiar supere o indicado limiar e o pago poderá fraccionalo nun máximo de 3 prazos trimestrais.
Para o alumnado universitario a axuda supón mantenza gratuíta e aloxamento segundo o descrito previamente.
-
- Requisitos
-
Para o alumnado non universitario:
- Non repetir curso.
- Estar matriculado en estudos postobrigatorios non universitarios que non se impartan en ningún centro docente da súa localidade de residencia nin nunha localidade que pola súa proximidade permita o desprazamento diario con facilidade.
- Non ter sido expulsado no curso anterior dun centro residencial ni estar sometido a un procedemento disciplinario en trámite.
Para o alumnado universitario:
- Ter 18 anos cumpridos ou acadar esta idade dentro do ano natural.
- Estar matriculado en estudos universitarios de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario.
- Posuír capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio.
- Compatibilidade entre esta actividade e os seus estudos universitarios.
- Oferta
-
Para o alumnado non universitario a convocatoria anual publícase no Diario Oficial de Galicia a principios do mes de xuño. E na páxina web e/ou taboleiro de anuncios dos centros residencias docentes da Coruña, Ourense e Vigo publícase nos 3 días seguintes:
- A estimación do alumnado residente que poida ter reserva de praza por continuar estudos.
- A estimación das prazas vacantes.
O alumnado admitido ten dereito á reserva de praza ata que complete os estudos que dean lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non varíen as circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial.
Para o alumnado universitario o número de prazas ofertadas é o que indica a convocatoria anual, que se publica no Diario Oficial de Galicia a principios do mes de xullo.
Solicitude e listaxes
O alumnado matriculado no período ordinario de matrícula pode presentar a solicitude de praza de residencia ou de colaborador bolseiro, segundo o caso, no período ordinario, que fixa a convocatoria anual en función das datas de matricula e experimenta lixeiras variacións.
Pero, se unha vez tramitadas estas solicitudes e adxudicadas as prazas ao alumnado admitido en período ordinario, seguise habendo vacantes no centro residencial, este abriría un período extraordinario de presentación de solicitudes.
O modelo de solicitude:
- Alumnado non universitario: Formulario ED306A
- Alumnado universitario: Formulario ED308A
Está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, e as persoas interesadas poden presentala de forma electrónica ou presencial no propio centro residencial ou en calquera rexistro público. A solicitude debe dirixirse ao centro residencial docente no que se solicite a praza.
A tramitación consiste na publicación na páxina web da consellería competente en materia de educación e nas páxinas web e/ou taboleiros de anuncios dos centros residenciais da:
- Listaxe provisional de admitidos, indicando a puntuación total e desagregada e de excluídos, indicando a causa de exclusión.
- Listaxe definitiva co mesmo contido que a provisional, e ademais o centro docente no que está matriculada a persoa beneficiaria.
A data de publicación das listaxes fíxaa a convocatoria anual e experimenta lixeiras variacións.
- Criterios de baremo
-
No caso do alumnado non universitario:
-
Criterios socioeconómicos: composición da unidade familiar, orfandade, violencia de xénero, discapacidade, desemprego, número de habitantes do lugar de residencia, renda da unidade familiar.
-
Rendemento académico.
No caso do alumnado universitario:
-
Renda da unidade familiar, valorando mediante deducións a condición de familia numerosa (distinguindo categoría xeral e especial), irmán discapacitado (distinguindo 33% e 65%), outros irmáns realizando estudos postobrigatorios (universitarios ou non) cando residan fóra do domicilio familiar.
-
Rendemento académico.
-
Experiencia derivada da participación en cursos ou accións formativas e coñecemento de linguas estranxeiras e/ou de ofimática.
-
- Obrigas
-
No caso do alumnado non universitario:
-
Incorporarse á residencia na data de inicio do curso escolar.
-
Respectar o réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida residencial e docente.
-
Presentar na secretaría do centro residencial o boletín oficial ou documento acreditativo das notas parciais obtidas durante o curso no prazo máximo de 5 días seguintes á súa entrega por parte do centro docente.
No caso universitario:
-
Residir no centro residencial docente.
-
Colaborar no desenvolvemento das tarefas e actividades relacionadas con accións formativas complementarias durante o período de funcionamento en que estea aberto aos residentes.
-
Cumprir e facer cumprir as normas de réxime interno, as normas de convivencia e os horarios que permitan o normal desenvolvemento da vida na residencia.
-
- Convocatorias
Axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva nas seguintes modalidades:
- Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
- Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de Artes Plásticas e deseño, Ensinanzas Deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.
- Requisitos
-
-
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
-
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro do ano que se indique na convocatoria correspondente.
-
Non poderá ter a condición de persoa beneficiaria das axudas previstas nesta orde o alumnado que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-
O/A solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
-
- Convocatoria
-
Axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual
Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen (100) bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia
- Persoas beneficiarias
-
Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/as galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos.
Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa foran beneficiarias e desfrutaran desta bolsa na convocatoria anterior, así como aquelas persoas beneficiarias que causaran baixa ou renunciaran á referida bolsa.
- Requisitos
-
Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no prazo de presentación de solicitudes:
- Ser menor de 30 anos.
- Estar en posesión da nacionalidade española.
- Residir no estranxeiro.
- Ter residido no estranxeiro os dous anos anteriores á data de presentación da solicitude.
- Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:
- Ser emigrante nacido/a en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
- Ter nacido no estranxeiro e ser descendente dunha persoa que cumpra algunha das condicións da alínea e.1.
- No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.
Con carácter previo á concesión da bolsa, será necesario estar matriculado/a no curso que corresponda na convocatoria no 1º curso dun ciclo de grao superior de formación profesional en réxime ordinario sostido con fondos públicos, no 1º ano dun proxecto de formación profesional dual ou nun mínimo de 800 horas no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial.
- Máis información
- Obxeto
-
Axudas de mobilidade, en réxime de concorrencia, complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior
- Requisitos das persoas solicitantes
-
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos que cumpra os seguintes requisitos:
- Ser cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español. Non obstante, o alumnado con nacionalidade distinta á española non poderá realizar a mobilidade no seu país de orixe.
- Estar matriculado no curso que corresponda na convocatoria en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
- Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso que corresponda na convocatoria.
- Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Estas axudas serán compatibles con outras axudas e subvencións concedidas para a mesma finalidade, calquera que sexa a súa natureza ou a entidade que as conceda.
- Convocatoria
-
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/2019
- Apoio á etapa predoutoral
-
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2019
- Apoio á etapa de formación posdoutoral
-
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019
Convocadas as axudas destinadas ao alumnado do SUG que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2018/2019, teña dificultades económicas para continuar estudos
- Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+
-
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019
- Programas de mobilidade con países extracomunitarios
-
Convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2019/2020
- Estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2019
-
Convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2019, co obxecto de coñecer a lingua dese país