Título node Learning object
A Asociación Arelas acaba de presentar un novo recurso de acompañamento, información e asesoramento para persoas trans ata 20 anos, que se inclúe dentro da campaña activada durante o confinamento #Libresnacasa para paliar a dificultade engadida que pode supoñer neste momento a falta de aceptación da identidade de xénero trans na xente nova.
Este recurso busca axudar a aquelas persoas que poidan estar a sufrir discriminación, acoso ou desinformación, ou mesmo que poida ter dúbidas relacionadas coa súa condición trans durante este período de confinamento. Esta nova vía de comunicación abre unha canle ben vía formulario ou ben a través do teléfono móbil 686 160 465.
Podes consultar na web de ARELAS este novo recurso.