Título node Learning object

Proxecto europeo para avanzar na protección da diversidade LGBT+
Mar, 05/05/2020 - 20:07
logo

Acábase de publicar na rede os resultados do Proxecto Europeo ADIM "Avanzando en la gestión de la diversidad LGBT en el sector público y privado", desenvolvido pola Dirección General de Igualdad de Trato y Diversidad (Ministerio de Igualdad), conxuntamente coa Comissão para a Cidadania e a Igualdade de Género (Portugal) e o Grupo de Investigación “Antropología, Diversidad y Convivencia” (Universidad Complutense de Madrid).

Na web está dispoñible para descarga a Guía ADIM LGBT+ Inclusión de la diversidad sexual y de identidad de género en empresas y organizaciones. Nela recóllense os principais resultados da investigación realizada e propostas para recoñecer e valorar a diversidade LGBT+ no ámbito laboral, de especial interese para entender as dificultades sociais que se lle presentan pola súa orientación sexual ou pola súa identidade de xénero.

Ofrécense tamén varios vídeos curtos (videopíldoras de 3 min.) nos que se formulan motivacións e suxestións concretas para abordar a realidade de lesbianas, gays, bisexuais, trans e outras persoas pertencentes ao colectivo LGBT+ nos seus espazos de traballo.

Pódese consultar toda esta información na web do proxecto.