Alerta de nivel LARANXA por neve durante o día 14 de novembro na montaña de Lugo e amarelo na montaña de Ourense
Mér, 13/11/2019 - 13:46
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA na zona de predición meteorolóxica da montaña de Lugo durante xoves día 14.11.2019 a partires das 00.00 horas e prolongarase ata as 00:00 horas do 15.11.2019, por Nevaradas con espesores superiores a 20 cm.
Así mesmo advirte dun adverso de nivel amarelo que afectará á zona de montaña de Ourense por nevaradas con espesores de ata 15 cm.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
- A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DOCENTES E DO TRANSPORTE ESCOLAR nos centros educativos situados nas zonas de predición indicadas (MONTAÑA DE LUGO), dende o inicio estimado do adverso meteorolóxico, con seguimento das condicións climáticas.
- A NON SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES na zona de montaña de Ourense.
- A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
- Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )