G1901086 Formación continua de directoras e directores
Lun, 04/11/2019 - 13:45
Este mércores, 6 de novembro arranca con preto de 300 participantes a Formación continua para directoras e directores no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
É a primeira sesión presencial dunha actividade de 40h de duración (36h presenciais e 4 na aula virtual do CAFI) que vai dirixida a directores e directoras de centros educativos de Galicia así como a persoas vicedirectoras de contar con prazas libres e que contará cun total de seis sesións presenciais levadas a cabo nas seguintes datas:
6 de novembro- mañá e tarde
4 de decembro- tarde
15 de xaneiro- mañá e tarde
12 de febreiro- tarde
11 de marzo- mañá e tarde
22 de abril- tarde