Título node Learning object

Concurso Internacional de Mellores Prácticas de Inclusión 
Ven, 20/09/2019 - 12:02
Concurso Internacional de Mellores Prácticas de Inclusión 

O Convenio Andrés Belo convoca o Concurso Internacional de Mellores Prácticas de Inclusión para recoñecer as boas prácticas educativas que se están levando a cabo, tanto no sistema de ensino público como privado, por parte das institucións educativas e dos docentes e as docentes que atoparon un xeito efectivo e atractivo de incluír ao alumnado en situación de mobilidade, dentro das súas aulas ou contornas educativas.

As boas prácticas serán acollidas nos doce países membros do Convenio Andrés Belo: Bolivia, Chile, Colombia, Cuba, Ecuador, España, México, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana e Venezuela.

 

O concurso busca identificar prácticas efectivas de inclusión a estudantes en situación de mobilidade que sexan facilmente adaptables a outros contextos, institucións ou países.

O prazo de inscrición péchase o 31 de outubro de 2019.

Toda a información pódese consultar en

http://convenioandresbello.org/cab/.