Título node Learning object

UNIferia
Ven, 22/03/2019 - 08:46
UNIferia

Crue Universidades Españolas pon en marcha a primeira feira virtual, denominada UNIferia, para axudar ao estudantado que este ano decidirá o seu futuro académico. 

Esta primeira edición de UNIferia terá lugar os próximos días 1 ao 5 de abril de 2019 e reunirá a 52 universidades españolas que informarán online e de maneira personalizada sobre a súa oferta académica de Grao, os diferentes sistemas de acceso, bolsas e sobre os pasos necesarios para poder cursar Estudos Superiores.

A través dunha plataforma virtual, os futuros e as futuras universitarios e universitarias poderán vencer as fronteiras xeográficas e temporais, informarse e interactuar cos diferentes servizos de información e orientación das institucións participantes, cun formato moderno e accesible.

Máis información.

https://uniferia.easyvirtualfair.com/