Título node Learning object
O alumnado a partir de tres anos de idade xa pode participar xunto co seu centro educativo na 4ª edición do eMove, o Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais.
Aqueles e aquelas que compartan a idea de que o audiovisual pode ser unha potente ferramenta dentro da contorna educativa para comunicar, expresar, compartir e aprender, poden enviar as súas producións a través desta ligazón http://emovefestival.com/inscripcion no formato no que máis cómodos sentan (desde curtametraxes de ficción, animación e documentais, pasando por videoclips ou reportaxes). Para que os alumnos e alumnas de menor idade compitan en igualdade de condicións, existen diferentes categorías en función do seu nivel (infantil; diferentes niveis de primaria; primeiro e segundo ciclo de ESO; Bacharelato e ciclos formativos; universitarios e nenos e nenas de centros de educación especial). O festival, que acaba de celebrar a entrega de premios da súa 3ª edición, ten como vocación fomentar a utilización do audiovisual como ferramenta para a educación en valores, o fomento da afección polas distintas artes, así como premiar e motivar a creatividade dos máis novos.
Os interesados poden consultar as bases da convocatoria e enviar os seus traballos antes do 30 de xuño de 2019.
A inscrición é gratuíta para o centro de educativo e para o alumnado.
Vídeo promocional do festival: https://www.youtube.com/watch?v=3Sct7RqRKKc
Para máis información http://emovefestival.com/