Título node Learning object
A 9ª Edición do Festival audiovisual escolar Olloboi terá lugar o venres 10 de maio.
Pódese concursar con calquera traballo de videocreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior aos 20 minutos (aceptarase un máximo de 8 pezas por centro).
A data límite para presentar traballos será o 30 de abril.
Este ano o festival conta con 9 categorías: Olloboi peque, Olloboi Plus 18 e Olloboi Xeral (con recoñecementos á mellor imaxe, música, guión, interpretación, arte e reportaxe). Ademais, a organización entregará o premio máximo Olloboi Zamburrioi.
Como sempre, contará cun marabilloso elenco de Ollocómplices: intérpretes, guionistas e cineastas moi presentes no panorama actual.
Máis información: