Título node Learning object

Convócanse os premios Ernestina Otero Sestelo para a incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos
Xov, 19/07/2018 - 14:19
logo

O Concello de Pontevedra convoca os Premios Ernestina Otero Sestelo para a incorporación da perspectiva de xénero nos centros educativos do concello de Pontevedra. As bases do certame pódense consultar no documento anexo que se achega e mais no Boletín Oficial da Provincia.

Destinatarios: centros docentes de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria non universitaria do Concello de Pontevedra que realizasen proxectos e actividades incorporando a perspectiva de xénero no curso académico 2017/2018.

Prazo: 20 de agosto de 2018

Premios:

  • 1º premio: 900 €
  • 2º premio: 500 €

Categorías:

  • categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación primaria e centros públicos integrados que presenten proxectos implementados en educación infantil e/ou primaria.
  • categoría B: centros públicos integrados que presenten proxectos implementados en educación secundaria, institutos de educación secundaria, centros integrados de formación profesional e centros de educación e promoción de poboación adulta.