Título node Learning object
O próximo 26 abril conmemórase o Día Internacional das Rapazas nas TIC. Co gallo desta celebración, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) realiza dúas actividades de interese para os centros:
- unha pola mañá, para todos os centros (por streaming de vídeo)
horario: 11.00 - 12.30 - outra, pola tarde, para convidar de forma individual ás rapazas que queiran achegarse ao CESGA para participar nun obradoiro divertido de uso das TIC.
horario: 17.00 - 19.00
Detalle do programa:
Sesión de mañá
Modo de participación no evento: mediante conexión de vídeo ao evento en vivo dende os centros, e participar en directo con comentarios e preguntas ás invitadas.
O Centro de Supercomputación de Galicia, en colaboración coa a iniciativa "Rapazas Emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta e no proxecto europeo ICT-Go-Girls! (www.ictgogirls.eu) e organiza unha charla-coloquio no CESGA sobre as oportunidades para as rapazas no eido das novas tecnoloxías, coa participación en directo de 3 xoves mulleres emprendedoras que traballan neste eido, con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC, auspiciado pola ITU (International Telecommunication Union) http://girlsinict.org/. Este evento está dirixido especialmente a todos os centros escolares de Galicia, principalmente de secundaria, que poden participar mediante videoconferencia en vivo ao evento, facer preguntas e intervencións dirixidas ás participantes no CESGA.
Contaremos neste evento coa participación presencial de catro xoves profesionais galegas, de diferentes perfís, que traballan no ámbito das tecnoloxías, os que explicarán de xeito próximo como comezaron neste eido, como é o seu traballo, as súas posibilidades, etc. e responderán a aquelas dúbidas, inquedanzas e comentarios que lles envíen as/os rapaces/as por videoconferencia sobre o seu traballo, estudos, etc. As participantes na mesa serán:
- María José Durán. Enxeñeira informática e fundadora da tenda en liña Potingues Verdes (http://potinguesverdes.com)
- Ana Cidre. Women Techmaker Lead, organizadora de GDG Vigo e fundadora del grupo GalsTech. Non é unha programadora habitual: ten un grao en Belas Artes e un Máster en negocios e economía internacional. Agora é desenvolvedora de software especializada en Angular.
- Susana Rey. Enxeñeira en Telecomunicacións, Máster en Seguridade da Información. É delegada de protección de datos do Grupo Euskaltel (Euskaltel, Telecable e R).
- Cecilia Grela. Enxeñeira informática, máster en Consultoría en Software Libre e desenvolvedora de software en múltiples proxectos de I+D+i (entre outros ICT-Go-Girls!), así como formadora en TIC.
Aqueles centros interesados en participar, deberán encher o seguinte formulario: https://e-learning.cesga.es/inscripcion_ict/inscription_2017.php canto antes para organizar a participación ese día.
Sesión de tarde
Realizaremos actividades abertas dirixidas a rapazas e rapaces de entre 10-15 anos na sede do Centro de Supercomputación de Galicia, cos seguintes contidos:
- Falando cos ordenadores para que fagan cousas: Scratch, Lego, etc.
- Convertir ás ideas en obxectos de 3 dimensións: Impresión 3D.
- As "outras realidades": Realidade Aumentada, Realidade Virtual
- Robots programables
- Visita adaptada para peques ao corazón do CESGA, centro de referencia galego en computación avanzada e comunicacións que alberga ao segundo superordenador máis potente de España.
Para participar, hai que encher o seguinte formulario https://e-learning.cesga.es/inscripcion_ict/inscription_2017.php cos datos do/a rapaz/a (escollendo "obradoiros da tarde").
Para resolver calquera dúbida pódese contactar co CESGA no correo e-learning@cesga.es