Instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2017/2018
Mar, 16/05/2017 - 09:00
Xúntase a Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2017/18.
Inscrición dos/as aspirantes ao acceso: A inscrición farase na secretaría da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 9 de xuño, ambos os dous incluídos