Listaxe provisional de admitidos e excluidos das axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculados nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/2017

Xov, 06/04/2017 - 14:15

Xúntase a Listaxe provisional de admitidos e excluidos das Axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do SUG no curso 2016/2017, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño.

De conformidade co establecido no artigo 9 da orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/2017, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada (subsanacion ou requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada

  • Prazo presentacion da documentacion do 7 ao 24 de abril.