Fondo Social Europeo 2014-2020 – Ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional

Mér, 16/12/2015 - 12:25

Esta é unha medida que se pon en marcha coa finalidade de aumentar a participación na Formación Profesional de grao medio. Se temos en conta que existe unha relación directa entre o nivel educativo e a empregabilidade, deben poñerse en práctica medidas que reforcen o sistema educativo naquelas áreas onde as debilidades se poñen de manifesto.

Os Ciclos formativos de grao medio serán cofinanciados polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10.- Investir en educación, formación y formación profesional para la adquisición de capacidades y un aprendizaxe permanente.

Con esta medida preténdese conseguir, por unha parte, reducir o abandono temperá xa que se ofertan máis prazas ao alumnado que finaliza a Educación Secundaria Obrigatoria, finaliza un ciclo de Formación Profesional Básica ou que accede mediante probas de acceso e, por outra, preténdese preparar ao alumnado para unha actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poidan producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento profesional e ao exercicio dunha cidadanía democrática e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida.

A achega do FSE recóllese no eixo prioritario 3 do Programa Operativo FSE Galicia do período de programación 2014-2020, xestionado pola Consellería de Facenda.

Encádrase na prioridade de investimento 10.04 e no obxectivo 10.04.01.- Aumentar a participación na Formación Profesional de grao medio e superior e mellorar a calidade da Formación Profesional.

A actuación é a 10.04.01.100.- Ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional.

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

Normativa

Documentos de programación e xestión

Operacións seleccionadas

Gastos de funcionamento

Información e comunicación

Medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas dos módulos dos Ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional, nos centros que foron seleccionados na operación;
  • Poñer nos taboleiros de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE nos Ciclos formativos de grao medio da Formación Profesional;
  • Na documentación relacionada coas operacións a cofinanciar, inclúase o emblema da Unión europea, a referencia ao Fondo Social Europeo e a lenda "O FSE inviste no teu futuro". Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O emblema da Unión Europea debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.
  • Distribuír entre o alumnado e o profesorado o tríptico sobre os novos programas;

Documentos:

Enlaces de interese: