Fondo Social Europeo 2014-2020 – Programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento
Os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento que se desenvolverán a partir do 2º curso da ESO serán cofinanciados polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10.- Investir en educación, formación y formación profesional para la adquisición de capacidades y un aprendizaxe permanente.
Con esta medida preténdese conseguir que un maior número de alumnos e alumnas consigan finalizar con éxito a educación secundaria obrigatoria que lle permita continuar estudos en formación profesional de grao medio ou continuar estudos no bacharelato.
En definitiva, contribuír a que a mocidade permaneza no sistema educativo despois de finalizada a educación obrigatoria realizando estudos secundarios superiores que conduzan a una titulación CINE 3.
Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá na Comunidade Autónoma de Galicia.
A achega do FSE recóllese no eixo prioritario 3 do Programa Operativo FSE Galicia do período de programación 2014-2020, xestionado pola Consellería de Facenda.
Encádrase na prioridade de investimento 10.01 e no obxectivo 10.01.02.- Reducir o abandono educativo temperá e mellorar os resultados educativos do abandono con necesidades educativas e do alumnado con necesidades específicas, a través de medidas de apoio personalizadas.
A actuación é a 10.01.02.101.- Programas de mellora da aprendizaxe e rendemento - Programas de diversificación curricular (PDC).
Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.
Normativa
- Regulamento (UE) Nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.
- Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións común relativas ao FEDER, FSE. Fondo de Cohesión, FEADER, FEMP.
- Regulamento delegado (UE) Nº 480/2014 da Comisión, de 3 de marzo de 2014, que complementa o Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.
- Instrucións da Autoridade de Xestión sobre aplicación de baremos estándar de custes unitarios na formación impartida no ámbito da educación. Unidade Administradora do FSE. 29-11-2012.
- Decisión C(2015) 8894 final da Comisión Europea de aprobación do PO FSE Galicia 2014-2020 (08.12.2015).
- Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
Documentos de programación e xestión
- Documento de programación, seguimento, verificación e certificación de operacións.
- Manual de Xestión
- Baremo para calcular os gastos dos Programas de mellora do rendemento e da aprendizaxe e dos PDC
- Baremo curso 2016-2017
- Ficha baremo 2017-2018
- Baremo curso 2018-2019
- Ficha baremo 2018-2019
- Baremo curso 2017-2018
Operacións seleccionadas
- Curso 2015-2016
-
Curso 2016-2017
-
Curso 2017-2018
- Curso 2018-2019
- Curso 2019-2020
- Curso 2020-2021
- Curso 2021-2022
Gastos de funcionamento
Información e comunicación
Medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:
- Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas das materias incluídas dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 2º e 3º da ESO e programas de diversificación curricular de 4º da ESO, nos centros que foron seleccionados na operación;
- Poñer nos taboleiros de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE nos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 2º e 3º da ESO e nos programas de diversificación curricular de 4º da ESO;
- Na documentación relacionada coas operacións a cofinanciar, inclúase o emblema da Unión europea, a referencia ao Fondo Social Europeo e a lenda "O FSE inviste no teu futuro". Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. O emblema da Unión Europea debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.
- Distribuír entre o alumnado e o profesorado o tríptico sobre os novos programas;
Documentos:
- Guía de publicidade e información das intervencións
- Visibilidade das políticas de cohesión: Normas de información e comunicación 2014-2020
- Cartel para expor nos centros.
- Tríptico.
- Exemplos de logotipos
- Extratexia de comunicación 2014-2020