Román Rodríguez recibiu os equipos de baloncesto do IES Rosalía de Castro
Lun, 29/06/2015 - 17:00
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recibiu esta mañá os equipos de baloncesto do IES Rosalía de Castro que xogan na liga EBA e aos que disputaron esta tempada competicións estatais.
Durante o encontro o titular do departamento educativo da Xunta felicitou aos estudantes polos logros acadados e animounos a seguir conxugando estudo e deporte con esforzo e espírito de superación.