O conselleiro de Educación visita o IES As Lagoas e o IES Ramón Otero Pedrayo, ambos en Ourense, no primeiro día de curso
Ambos centros escolares contarán con aulas plurilingües o vindeiro ano e foron seleccionados para o Proxecto Abalar
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe os IES As Lagoas e o IES Ramón Otero Pedrayo, ambos na cidade de Ourense, que iniciaron o curso na etapa de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos.
Nos dous recintos existen aulas plurilingües e foron seleccionados para comezar este curso co Proxeto Abalar. En ambas visitas o conselleiro estivo acompañado da xefa territorial de Educación en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
Xesús Vázquez Abad compartiu co director do IES Ramón Otero Pedrayo, Luis Fernández Rodríguez, o primeiro día de curso escolar para os 645 alumnas e alumnos das diferentes etapas destes instituto.
No IES Ramón Otero Pedrayo medio centenar de estudantes asistiran a aula plurilingües nas que se impartiran matemáticas e tecnoloxía en inglés en 1º e 2º de Bacharelato e 4º da ESO. Ademais durante esta visita o conselleiro aproveitou para comprobar o estado do centro tras as obras de reposición e mellora realizadas pola Consellería no colexio, execucións ás que se destinaron preto de 100.000 euros.
Visita As Lagoas
Posteriormente o conselleiro de Educación visitou as instalacións do IES As Lagoas no que no presente ano realizouse un investimento de 45.000 euros en melloras das instalacións tanto de uso dos escolares como da comunidade educativa.
Durante o percorrido polo recinto educativo ao que asisten 702 estudantes o conselleiro e a xefa territorial estiveron acompañados polo director do centro Álfonso Vázquez- Monjardin Fernández, así como por parte do equipo docente. No curso 2010-2011 terán aulas plurilingües en inglés, que serán impartidas en filosofía, música, matemáticas e ética para 217 matriculados en 1º de Bacharelato e 2º, 3º e 4º da ESO.
Con estas visitas Xesús Vázquez Abad volve a demostrar o seu compromiso do departamento do que é titular coa cidade de As Burgas. Na xornada de hoxe na cidade de Ourense comezaron as clases en educación secundaria 4.782 estudantes, xunto a 2.017 matriculados en Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos. En toda a provincia a cifra elévase ata os 9.186 estudantes en Secundaria e 3.350 en Bacharelato.