O conselleiro de Cultura e Educación comproba o resultado das obras de renovación da cuberta do CEIP de Fontes-Baíña (Baiona)

O departamento educativo da Xunta ten investido preto de 175.000 en obras e programas educativos neste centro desde 2009

Lun, 03/11/2014 - 12:37
 O conselleiro de Cultura e Educación comproba o resultado das obras de renovaci
O conselleiro de Cultura e Educación comproba o resultado das obras de renovación da cuberta do CEIP de Fontes-Baíña (Baiona)

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP de Fontes-Baíña, en Baiona, para comprobar o resultado das obras realizadas para renovar a cuberta do centro. Estas melloras, xunto ás achegas realizadas pola Consellería no marco da participación do centro no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), supuxeron un investimento de preto de 175.000 euros por parte do departamento educativo da Xunta de Galicia.

Segundo puido ver Xesús Vázquez, a anterior cuberta foi substituída por unha nova de chapa de sándwich de 0,5 mm de espesor, obras que se completaron coa renovación dos canlóns e baixantes. Así mesmo, reparouse o formigón do bordo do tellado e limpáronse as armaduras da cuberta. As obras súmanse ás realizadas en anos anteriores para a reforma de aseos, fontanería, linteis e falso teito, así como para mellorar a instalación eléctrica e a de auga.

Durante a visita, na que estivo acompañado pola directora, Mª Josefa Sánchez; polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; e polo xefe territorial da Consellería en Pontevedra, César Pérez; o conselleiro tivo a oportunidade de coñecer os intereses e demandas da comunidade escolar do centro de cara a futuras actuacións do seu departamento.