Política Lingüítica forma profesorado colaborador deste departamento para a avaliación das probas Celga

A secretaría xeral organiza estes días, en colaboración coa USC, as Xornadas de Formación de Avaliadores Celga, nas que participan 30 persoas

Xov, 05/08/2010 - 12:44

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela, organiza estes días as Xornadas de Formación de Avaliadores Celga.

O curso, no que participan 30 persoas, está dirixido a aqueles que contan co Curso de Formación de Profesorado de Galego e que, ademais, están inscritos nas listas de profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do que forman parte licenciados en Filoloxía Galega e en Filoloxía Hispánica, na sección de Galego/Portugués.

Este curso que promove Política Lingüística habilita para corrixir as probas coas que se obtén o Certificado de lingua galega (Celga), acreditación que acadaron 1.400 persoas nos primeiros exames deste ano, realizados o pasado mes de maio.

Aposta pola formación

Xunto con esta Xornada de Formación de Avaliadores Celga, que remata hoxe, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo tamén organizou o pasado mes de xullo as Xornadas de Formación de Profesorado de Celga e mais un curso dirixido ao profesorado colaborador que impartir’a os próximos cursos de linguaxe administrativa de nivel superior para o funcionariado da Administración autonómica.

Menús News node R