Título node Learning object

TALIS (Estudo Internacional da Ensinanza e a Aprendizaxe)
Ven, 04/07/2014 - 11:31
TALIS (Estudo Internacional da Ensinanza e a Aprendizaxe)

TALIS (Teaching and Learning Internacional Survey) é un estudo promovido pola OCDE cuxo obxectivo principal é ofrecer información sobre os procesos educativos a través de enquisas aos docentes e aos directores dos centros. O obxectivo é contribuír á elaboración de indicadores internacionais que axuden aos países a desenvolver a súa política educativa respecto ao profesorado e ao proceso de ensinanza e aprendizaxe.
O primeiro ciclo de estudo tivo lugar en 2007/2008 e en el participaron 24 países. Na primavera de 2013 tivo lugar a recollida de datos do segundo ciclo TALIS 2013, que contou coa participación de 34 países. Nestes momentos estanse analizando os datos e preparando a publicación do informe internacional, que terá lugar en xuño de 2014.
O obxectivo deste novo ciclo consiste en manter un equilibrio entre a estabilidade no contido (para poder medir tendencias entre ciclos) e engadir elementos novos relacionados cos aspectos pedagóxicos do traballo do profesorado.
España está participando na opción internacional que relaciona TALIS e PISA para comprender en maior profundidade a variación que se da nas respostas do profesorado con respecto as súas actitudes e prácticas educativas. Esta opción permitirá proporcionar un contexto ás respostas do profesorado e directores de TALIS.
No enlace que aparece máis abaixo pódese acceder aos resultados do último Informe TALIS.

Menús Learning object node R