O conselleiro de Educación clausura do XXI curso de Verán da UNED celebrado en Pontevedra
Desde o pasado 12 de xullo impartíronse relatorios nos que se trataron temas de actualidade
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe a XXI edición dos cursos de Verán da UNED, celebrados no centro asociado de Pontevedra desde o luns 12 de xullo.
Ao longo destes días os temas que se trataron nos relatorios impartidos fixeron unha ampla radiografía da situación actual da sociedade e da economía español, así como de todos os axentes implicados no desenvolvemento do día a día. Neste tempo fíxose un especial fincapé nas posibles solucións aos temas que máis preocupan a sociedade española nos que destacan as consecuencias da grave crise económica que se está a vivir nestes momentos.
Durante a súa intervención o conselleiro dixo que “os cursos que hoxe se clausuran axústanse a todas a demandas da sociedade, xa que a súa diversidade temática da resposta a moitas das preguntas que se plantexan na actualidade. Toda a información recibida nas últimas xornadas implican unha flexibilidade no aprendizaxe e ata unha democratización do saber. Un saber que nos ensancha como persoas e que fortalece a nosa condición de ciudadans con criterio”.
Temática desta edición
Deste modo os temas sobre os que participantes estiveron a tratar xiraron e torno aos conflitos actuais e a xusticia universal; as políticas públicas de educación e profesionalización; a violencia de xénero e a discapacidade; a bioética e dereitos humáns; a evolucións desde a estatexia de Lisboa ata o Tratado de Lisboa e o presente e futuro da Unión Europea; e a crise e os medios de comunicación, coa consideración de se a liberdade está en perigo como consecuencia da mala situación económica.
Estes relatorios contaron coa presenza do secretario xeral de Universidades, da Consellería de Educación, José Alberto Díez de Castro; co presidente da Asociación da Prensa de Madrid (APM), Fernando González Urbaneja; a periodista Rosa María Calf; a coordinadora portavoz da Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Rosa Fontaiña Pazos; ou Víctor Gonzalez Sánchez, director do curso que hoxe se clausura.
No acto estiveron presentes a secretaria xeral da UNED, Ana María Marcos del Cano; a directora do centro asociado en Pontevedra onde se desenvolveron os cursos, Beatriz Rodríguez López; o director do instituto universitario Gutiérrez Mellado, Miguel Requena y Díez de Revenga; e o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, entre outros.