A Consellería de Cultura e Educación participa no Consello de Dirección da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego

Mar, 18/03/2014 - 19:16
A Consellería de Cultura e Educación participa no Consello de Dirección da Axenc
A Consellería de Cultura e Educación participa no Consello de Dirección da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu  secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, participou hoxe pola tarde na reunión do Consello da Dirección da Axencia de Calidade do Sistema Universidades Galego na sede da ACSUG.

En dita reunión deuse conta dos convenios asinados coa EGAP para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e Investigación, e coa Universidade da Coruña para a implantación do Programa DOCENTIA, de apoio á avaliación da actividade docente do profesorado universitario da UDC.

Ademais no encontro tamén foi revisado o borrador de estatutos da ACSUG co obxectivo de adaptarse as novas leis, en concreto á Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia (LOFAXGA) e a Lei de universidades do Sistema Universitario Galego do 2013.

Por outra banda deuse conta do informe de autoavaliación para a renovación da acreditación europea de Enqa (European Association for Quality Assurance in Higher Education). Este é o primeiro paso para o proceso de renovación da Enqa que xa ten a axencia, e pola que ten a capacidade e avaliar os estudos universitarios do SUG.

Na reunión do consello tamén estiveron a presidenta da ACSUG, Patrocinio Morrondo e representantes das universidades galegas así como da Xunta de Galicia.