A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de Galicia, agás no sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, este venres 14

Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, por fortes rachas de vento, durante toda a xornada, que afectará aos centros galegos, agás aos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo

Xov, 13/02/2014 - 12:28
A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior
A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de Galicia, agás no sur de lugo, Montaña e Miño de Ourense, este venres 14

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por fortes rachas de vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este venres 14 de febreiro, agás nos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web

http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .