Título Event node R
FORMACIÓN INICIAL PARA ORIENTADORES/AS
DE INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA
Curso presencial . Referencia: G1301037
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 14/10/2013 - 21/10/2013 - 28/10/2013
Horas: 24 h. presenciais
Lugar: Cidade da Cultura_Gaiás.
Esta formación inicial vai destinada a orientadores/as que se incorporan por vez primeira a un Departamento de Orientación e polo tanto, non teñen realizado o curso formativo con anterioridade.
Obxectivos.-
1.Promover a reflexión sobre o espazo que o departamento de orientación debe ocupar nos centros educativos, na procura dunha intervención educativa de calidade e para a totalidade do alumnado.
2.Afondar nos coñecementos necesarios para interpretar e desenvolver a función de orientación establecida na normativa vixente.
3.Dar a coñecer distintos modelos de planificación e xestión dos departamentos de orientación.
Contidos.-
1.Modelos de planificación e xestión dos departamentos de orientación.
2.Plans e programas. Acción titorial. Atención á diversidade. Orientación profesional. A avaliación psicopedagóxica. Metodoloxías favorecedoras da inclusión.
3.A estrutura dos servizos de orientación en Galicia.
4.A aplicación DRORIENTA.
Materiais da actividade.-
www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=393