Galicia xa é a Comunidade Autónoma que figura á cabeza da financiacion da investigacion universitaria no Estado
Tres dos seus programas científicos estrela contan este ano cun investimento de case 28 millóns de euros
Galicia é a única Comunidade Autónoma que non só está a manter todos os Programas que financian a actividade investigadora das Universidades galegas senón que neste ano 2013 incorpora dúas novas accións exclusivas que van a supoñer un importante salto de calidade nas liñas de investigación prioritarias da nosa Comunidade Autónoma. Con estes dous novos programas, de retención de talentos e de centros investigadores singulares, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria completa o círculo de apoios ás grandes liñas de investigación.
As dúas novas iniciativas son o Programa de Centros de Investigación Singulares e o Programa de Retención e Captación de Talento, o primeiro deles cun investimento de 2.800.000 euros nos 8 Centros de Investigación universitarios galegos, para desenvolver e fortalecer as capacidades estratéxicas de investigación fundamental para Galicia en áreas punteiras como a Investigación de Tecnoloxías da Información en Biomedicina en Ciencias Mariñas ou en Investigación Agroalimentaria, O segundo está pensado para captar e reter en Galicia a investigadores con curriculum excelente e altamente competitivo. As axudas para este programa fsaranse públicas coa súa convocatoria en 2014. Se trata de contar con un instrumento que permita, por un lado, reter os investigadores do Sistema Galego de I+D+i e por outro atraer a Galicia a todos os que sexan precisos para reforzar as liñas de investigación estratéxicas para Galicia.
Potenciar a excelencia e a internacionalización
Co establecemento neste 2013 do Programa para o financiamento de Centros de Investigación singulares e do Programa de Retención e Captación de Talento tratase de desenvolver mecanismos de incentivos económicos para potenciar nas universidades galegas as unidades de investigación de excelencia e os ámbitos de coñecemento mais competitivo sa nivel internacional.
Deste xeito nun contexto no que noutras comunidades autónomas está a haber unha diminución das convocatorias de apoio a investigación e do número de prazas para a formación de investigadores, Galicia senta as bases de un modelo, diferenciado no conxunto do Estado co que apoiándose nas fortalezas do Sistema galego de I+D pretende reforzar as capacidades dos Grupos e os Centros de Investigación das tres Universidades.
Isto é así porque en Galicia, as tres universidades representan o 39% do gasto total en investigación e porque concentran o 61% de todos os investigadores da nosa Comunidade, polo que estamos a falar dos tres maiores axentes do sistema galego de innovación.
Recursos humanos e consolidación de grupos
Ademais, no actual exercicio de 2013 a consellería destinou un total de 10.650.000 euros (1.772 millóns de pesetas) ao Programa de Recursos Humanos .De feito, as convocatorias neste eido posibilitan cada ano, desde 2011, a incorporación de 100 investigadores en formación á etapa predoutoral cun contrato de 3 anos, e de outros 100 á etapa posdoutoral, o que supón neste 2013 manter contratados a 531 investigadores que, financiados pola Xunta de Galicia, están destinados nas Universidades galegas. Todos os investigadores incorpóranse mediante a modalidade de contrato, fronte ás bolsas complementarias, o que adoita ser habitual na maioría das convocatorias realizadas en España.
Paralelamente a Consellería inviste por riba dos 14,5 millóns anuais (2.413 millóns de pesetas) no Programa de Consolidación de Grupos de investigación. As convocatorias da Consellería permiten que cada ano se financien mais de 100 novos grupos de investigación, o que supón neste 2013 manter o financiamento de 294 grupos de investigación das tres universidade renovar o seu respaldo económico a 689 proxectos do antigo plan de I+D+I.
O Programa de Consolidación dos grupos elimina a incerteza de continuidade da financiamento e favorece a estabilización dos mesmos, a través dun novo modelo no que os grupos reciben unha cantidade anual fixa e superan cada dous anos unha avaliación na que se comproba o cumprimento dos obxectivos. Como exemplo das implicacións deste cambio compre indicar que no ano 2011 o importe medio anual dun proxecto INCITE era de 16.000 euros, mentres que o Programa de Consolidación do grupo pode recibir entre 35.000 e 100.000 euros anuais en función dos seus logros de investigación. Isto pon de manifesto a aposta do actual Goberno galego polo fortalecemento dos grupos a través dun modelo estrutural máis estable e multiplicando, como mínimo, por algo máis do dobre o importen medio anual dun proxecto INCITE, “ou mesmo multiplicalo por seis como máximo”.