Título node Learning object

III Xornadas de Innovación Educativa o 22 e 23 de novembro de 2013 en Santiago de Compostela
Ven, 18/10/2013 - 13:13
III Xornadas de Innovación Educativa

O venres 22 de novembro pola tarde e o sábado 23 de novembro todo o día celebraranse na EGAP (Escola Galega de Administracións Públicas) de Santiago de Compostela, as 3ª edición das Xornadas de Innovación Educativa.

Os obxectivos desta actividade serán:

  • Coñecer os modelos de innovación predominantes nos sistemas educativos actuais.
  • Analizar o estado actual da innovación educativa no sistema educativo galego.
  • Coñecer e difundir experiencias innovadoras que estean a desenvolverse no sistema educativo galego.

O prazo de inscrición remata o 24 de outubro de 2013.

A inscrición realízase accedendo a  FPROFE co usuario do correo EDU, pulsando a pestana Consulta/Inscrición, pegando o código da actividade G1302007 na caixa Referencia, pulsando o botón Buscar e elixindo a ligazón Inscribirse na actividade listada.