Celébranse o 23 e o 24 de marzo de 2012 no CIFP Politécnico de Santiago as Xornadas "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro III" [1]
Enviado por juliatabo el Vie, 23/03/2012 - 12:48Por terceiro ano consecutivo celébranse as Xornadas "A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro", os días 23 e 24 de marzo de 2012 no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.
Este é un encontro dedicado ao profesorado de todas as áreas e materias do ensino non universitario, xa que o dominio da oralidade e da escrita das nosas linguas cooficiais, así como a utilizacion funcional de polo menos unha lingua estranxeira, lógrase esencialmente grazas ao traballo coordinado e colaborativo do profesorado dentro de cada comunidade escolar.
As actividades que se realizarán son:
- Venres 23 de marzo:
- 16:45-18:30 Conferencia: "Aprender a comunicar, comunicar para aprender...a actuar" (Artur Noguerol Rodrigo).
- 19:00-20:00 Dous casos prácticos:
- "En tempos de crise: exportamos lingua galega e literatura" (Anxos Rial) IES de Poio, Pontevedra.
- "Aprendizaxe AICLE/CLIL nunha aula de sociais en inglés" (Clara Cristela) IES Xulián Magariños, Negreira, A Coruña.
- Sábado 24 de marzo:
- 09:30-11:00h. Conferencia: "O proxecto lingüístico de centro: como o facemos?" (Xabier San Isidro).
- 11:00-12:30 Conferencia: "Falar, ler e escribir na clase de ciencias. Unha reflexión dende a didáctica das ciencias" (Anna Marbà Tallada).
- 13:00-13:40h. Casos prácticos:
- "Mellorar a competencia lingüística dende o Proxecto Educativo dun centro plural" (Marisol Louro).
- "A interdisciplinariedade, educando dende a periferia e as competencias" (Eva Garea).
- 13:40-14:05h. Caso práctico: "A comunicación lingüística a través de proxectos de investigación" (Ovidio Villar)
- 14:05h.-14:30h. Caso práctico: "As redes sociais educativas e o seu uso na aula" (Esther Fernández)
- 16:00-17:30h. Conferencia: "Ser dixital: aprender a comunicar en rede" (Tíscar Lara)
- 18:00-18:45h. Mesa redonda
File:
Colectivo:
Sección:
Competencias básicas: