Especialista do EOE en altas capacidades [1]
Enviado por dolores.rebored... el Lun, 19/12/2011 - 13:17A LOE (Lei orgánica 2/2006), no seu Título II, fala de alumnado con altas capacidades intelectuais. Recoñece a estes alumnos/as como suxeitos con necesidade específica de apoio educativo e, xa que logo, como parte da diversidade do alumnado dun centro educativo, teñen dereito a beneficiarse de todas aquelas medidas e recursos educativos de que os centros dispoñen para a atención a esa diversidade. Ben certo é que a maioría dos esforzos, enerxías e recursos dos centros se empregan no mesmo lado: as dificultades de aprendizaxe.
En Galicia, aínda que queda moito camiño por andar, estas carencias estanse emendando: dótanse os equipos de orientación específicos provinciais con profesionais especialistas en sobredotación e os centros de secundaria e primaria xa contan con orientadores escolares e profesorado de apoio.
Os recursos existen, o cambio de enfoque e mentalidades para pasar de rendementos aceptables a rendementos excelentes será o desafío ao que nos enfrontamos todos.
Nesta liña, este documento dirixido á comunidade educativa, en xeral, ten a finalidade de informar e contribuír a que se compartan, entre familias e docentes, puntos de vista e actitudes que favorezan a necesaria complementación e colaboración na educación deste tipo de alumnos/as.
A LOE (Lei orgánica 2/2006 de educación), no seu Título II, fala de alumnado con altas capacidades intelectuais. Recoñece estes alumnos e alumnas como suxeitos con necesidade específica de apoio educativo.
Este alumnado, xa que logo, como parte da diversidade do alumnado dun centro educativo, ten dereito a beneficiarse de todas aquelas medidas e recursos educativos que os centros dispoñen para a atención a esa diversidade.
File:
Tema:
Sección: