Orde para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2013/2014, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados...

Lun, 17/06/2013 - 08:35

Xúntase a Orde do 6 de xuño de 2013 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o curso académico 2013-2014, entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación familiar, ao , persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

  • Para o profesorado desprazado e en expectativa de destino, concelleiros, procedentes do estranxeiro, peticionarios de reingreso, interinas, interinos, substitutas e substitutos o prazo será de vinte días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • As solicitudes efectuaranse a través da páxina web da Subdirección Xeral de Recursos Humanos www.edu.xunta.gal/cadp

Menú Advertisement

Destinos provisionais e outros concursos

Sen términos