Título node Learning object
O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.
Entre estas actuacións podemos destacar:
- Acoso escolar
- Consumo e tráfico de drogas
- Actividade de grupos ou bandas violentas de carácter xuvenil
- Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías
- Violencia de xénero
- Prevención de incendios
- Outros...
- Xornadas de portas abertas e exhibicións
Estas actuacións poden ir dirixidas aos diferentes membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias).
Polo tanto e para facilitar a participación dos centros educativos, neste espazo poñemos á vosa disposición a seguinte documentación:
- Carta do Delegado do Goberno en Galicia.
- Solicitude para a intervención nos centros escolares (en galego)
- Solicitude para a intervención nos centros escolares (en castelán)
- Instrucións do procedemento para tramitar as solicitudes e a valoración (ante os tres organismos participantes)
- Díptico do III Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar (Curso 2012-2013)
Ademais, poñemos á disposición dos centros participantes un formulario coa finalidade de recoller información e facer unha valoración da idoneidade e da utilidade da formación recibida no III Plan Director e achegar as aportacións e suxestión que consideren oportunas para a súa mellora.
- Formulario de avaliación e mellora do III Plan Director.
Máis información: III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar