Título node Learning object
Redeiras é unha rede social educativa con vocación profesional, destinada aos docentes dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia e aloxada nos sistemas informáticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nun entorno profesional e fiable.
Trátase dun proxecto desenvolto por Asesores Abalar, fundamentado en tecnoloxías baseadas en software libre (ELGG e LAMP), que toma como base o núcleo da ferramenta de software libre ELGG para crear unha rede social integrada no sistema corporativo de autenticación de usuarios da Consellería que incorpora módulos e funcionalidades propias.
Así mesmo, Redeiras ofrece todas as funcionalidades propias de calquera outra rede social, como son a creación de espazos privados e individuais, a creación de espazos de grupo e creación de grupos por intereses comúns, o intercambio de ficheiros, a publicación de contidos personalizados ou de grupo, a posibilidade de compartir ficheiros e documentos, a creación de documentos colaborativos en liña, o intercambio de marcadores de internet, a publicación de contidos multimedia (imaxe, vídeo e son), un servizo de mensaxería interna para uso exclusivo entre os usuarios da rede social, etc.