imaxe das xornadas de edificación
22/03/2013 | 12:11
Os días 19 e 20 de abril de 2013 celebraranse as Xornadas de edificación e obra civil, enerxía e auga, instalacións e mantemento. Terá lugar no CIFP de Someso da Coruña.
Elaboracion de programacions FP-LOE con aplicacion informatica
25/02/2013 | 11:31
Proximamente desenvolverase unha nova edición do curso a distancia: "Elaboración de programacións LOE con aplicación informática". Esta actividade está dirixida ao profesorado de FP que ten que impartir docencia nalgún dos módulos FP LOE no presente curso 2012-13, sendo este último un requisito necesario para poder ser admitido nesta actividade. Neste curso explicarase o uso da nova aplicación online de elaboración de programacións FP LOE.
estadias formativas
25/02/2013 | 10:08
Dende o 15 de abril ata o 13 de setembro de 2013, o profesorado de Formación Profesional galego pode realizar estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional. Esta actividade formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo. O profesorado interesado, logo de facer unha preinscrición, debe presentar un proxecto formativo onde debe xustificar as súas necesidades formativas, así como sinalar os obxectivos e temporalización da mesma. Durante a realización desta actividade, o profesorado participante deberá elaborar unha actividade de aplicación directa a aula que se entregará xunto cunha memoria ao remate da mesma.
estadias formativas en empresas
14/02/2013 | 20:56
Prazo de presentación de solicitudes * Preinscripción: ata o día 25 de febreiro de 2013. * Solicitude de inscripción-proxecto formativo (Anexo II): ata o día 8 de marzo de 2013.
eventos segundo trimestre
15/01/2013 | 13:20
Listado de todos os eventos formativos de ámbito autonómico que se van a desenvolver no segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar.
GT logo
20/12/2012 | 13:40
PFACs Abalar, grupos de traballo e seminarios aprobados no CFR da Coruña para o curso 2012/2013.
aula
16/10/2012 | 21:52
Relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería nos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012/2013

Páginas