Axuda
Aplicación de xestión das solicitudes de homologación e/ou equivalencia de títulos e estudos estranxeiros de ensinancas non universitarias.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual na Subdirección Xeral de Centros ou nas Xefaturas provinciais:
Para presentar a solicitude presencialmente deberá seleccionar a opción de menú “Homologación--> Solicitude” ou “Equivalencia”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, poderá descargar a solicitude cuberta para asinar e presentala. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Homologación--> Solicitude” ou “Equivalencia”. Mostrarase unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, terá a posibilidade de premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. -
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados.
-
En galego: Homologación | Equivalencia
-
En castelán: Homologación | Equivalencia
1. Cal é o prazo para presentar unha solicitude de homologación dun título non universitario?
O prazo está aberto todo o ano.
2. Podo tramitar a homologación dun título universitario nesta aplicación
Non, a aplicación xestiona a homologación de títulos non universitarios.