Inicio

Benvido ao sistema de Xestión de Homologacións e Validacións de Estudos Estranxeiros (HOVAES)

da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Aplicación de xestión das solicitudes de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

Normativa

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación: 

  • Cubrir a solicitude informaticamente e asinala e presentala na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Homologación --> Solicitude” ou “Equivalencia”. Mostrarase unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita terá a posibilidade de, premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.

IMPORTANTE: Se emprega esta opción, para a presentación da documentación académica deberá achegar copia auténtica da documentación segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas ou achegar a documentación de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Cubrir a solicitude informaticamente, imprimila, asinala e presentala de xeito presencial:

Para presentar a solicitude presencialmente deberá seleccionar a opción de menú “Homologación --> Solicitude” ou “Equivalencia”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, poderá descargar a solicitude cuberta para asinala e presentala nun rexistro válido segundo o recollido na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións públicas xunto co resto da documentación

  • Imprimir a solicitude, cubrila manualmente, asinala e presentala de xeito presencial

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces a solicitude, para cubrila e presentala asinada nun rexistro válido segundo o recollido na Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións públicas xunto co resto da documentación.