Descrición da actividade


Título

Prevención de infeccións de transmisión sexual na adolescencia. Plan Proxecta

Competencias profesionais

Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Programación, seguimento e avaliación.

Interlocutor/a e referente na comunidade educativa - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

Forma de participación

Mixta

Modalidade

Xornadas

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1702023
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  19/02/2018  -  12/03/2018
Data límite de inscrición: 16/02/2018
Lugar: CAFI
Prazas:  20

Horas totais

Horas presenciais: 12
Horas non presenciais: 0  (En rede)
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Criterios de selección

Obxectivos

1.Coñecer conceptos básicos de saúde pública: transmisión sexual, anticoncepción, sexualidade e orientación sexual...

2.Coñecer os recursos e as ferramentas dispoñibles para desenvolver o programa.

Contidos

1.Definición das infeccións de transmisión sexual, signos e síntomas, complicacións e epidemioloxía.

2.Definición da infección polo VIH e a sida, vías de transmisión, historia natural da infección, concepto da proba VIH, onde se fai e breve epidemioloxía do VIH en Galicia.

3.Definición das prácticas sexuais de risco, probabilidades de transmisión, factores de risco, factores de protección e métodos de prevención.

4.Igualdade nas relacións afectivo-sexuais.

5.Sexualidade e orientación sexual.

6.Servizos dos Centros Quérote+

7.Embarazos non desexados e anticoncepción.

8.Prevención de trastornos aditivos.

9.Vivencias dunha persoa afectada en relación ao estigma e discriminación.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Rey Rey, Maria Teresa de Jesus

Enderezo Electrónico:  maite.rey@edu.xunta.gal

Programa

programa.pdf