Descrición da actividade
Título
Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares
Competencias profesionais
Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Alfin.
Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC. Alfabetización mediática e informacional.
Forma de participación
En rede
Modalidade
Curso
CFR, lugar, temporalización e prazas
Referencia: G1601056
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:
06/10/2016
-
19/12/2016
Data límite de inscrición: 25/09/2016
Lugar: PLATEGA
Prazas:
53
Horas totais
Destinatarios
Todas as ensinanzas
Corpos e especialidades
Todos os corpos
Temas e subtemas
Plan anual - 2016-2017
Plan anual - 2017-2018
Plan anual - 2018-2019
Criterios de selección
Os marcados no Plan Xeral de Formación de Profesorado.
Indicadores de competencias
Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.1.B.1.1. Comunícase de forma autónoma e convencional cos axentes da comunidade educativa empregando, en cada caso, a ferramenta dixital máis adecuada de entre as establecidas pola A. E. ou as persoas titulares do centro para ese fin.
Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.2.B.1.1. Emprega, de forma autónoma, as tecnoloxías dixitais e aplica os protocolos establecidos pola A. E. ou polas persoas titulares do centro para levar a cabo as tarefas administrativas ligadas ás funcións docentes, para participar nos órganos colexiados de goberno e de coordinación docente e cos servizos institucionais externos.
Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.4.B.1.3. Utiliza os recursos da Internet para a aprendizaxe autodeterminado no ámbito profesional.
Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.5.B.1.1. Aplica, de maneira autónoma, as medidas propostas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro para protexer os datos persoais propios e alleos.
Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - B1 - 2.1.B.1.3. Utiliza de forma sistemática algún sistema de organización e catalogación dos contidos educativos dixitais seleccionados para uso propio ou dentro do equipo docente do que forma parte.
Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - B1 - 2.3.B.1.3. Utiliza formatos estandarizados para a compartición de contidos educativos dixitais.
Competencia dixital docente - 4. Avaliación e retroalimentación - B1 - 4.1.B.1.3. Aplica de forma autónoma os protocolos de seguridade e protección de datos persoais do centro nos procesos de avaliación.
Competencia dixital docente - 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado - B1 - 6.1.B.1.1. Integra na súa práctica docente situacións de aprendizaxe nas que o alumnado debe desenvolver diferentes estratexias para a busca, avaliación, selección e organización da información e dos datos.
Obxectivos
1.Achegamento ao concepto ALFIN: analizar as fontes lexislativas, psicolóxicas e pedagóxicas do concepto ALFIN, modelos para traballar ALFIN.
2.Examinar diferentes estratexias para procurar, organizar, reelaborar, estruturar e presentar a información, tamén con apps.
3.Coñecer a organización dunha biblioteca e planificar unha tarefa de ALFIN no propio contexto educativo.
Contidos
1.Bases teóricas:
1.1.Lexislación.
1.2.Bases psicolóxicas e pedagóxicas.
1.3.Concepto de Alfabetización Informacional.
1.4.Termos empregados na Alfabetización Informacional.
2.A biblioteca como espazo de acceso á información.
2.1.Fontes e recursos informativos.
2.2.Estratexias de procura de información.
2.3.Ética e responsabilidade na utilización da información.
3.Modelos para traballar ALFIN.
3.1.Recuperación da información.
3.2.Revisión dos contidos traballados.
3.3.Planificación dunha proposta de traballo.
Prerrequisitos
Coñecemento básico das TIC e dos motores habituais de busca de información. Experiencia básica no uso da biblioteca fóra do contexto educativo e da integración didáctica da mesma no traballo de aula.
Asesor responsable da actividade
Asesor: Mazaira Garro, Leonor Beatriz
Enderezo Electrónico:
cafi.be@edu.xunta.gal
Materiais da actividade