Descrición da actividade


Título

Electrónica básica e redes multiplexadas.

Competencias profesionais

Especialista na súa materia - Coñecemento nas áreas, materias e módulos curriculares.

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1501059
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  22/01/2016  -  04/03/2016
Data límite de inscrición: 21/01/2016
Lugar: Betanzos/En rede
Prazas:  26

Horas totais

Horas presenciais: 7
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

  • Ciclos formativos
  •   + Transporte e mantemento de vehículos
        # Ciclos formativos de grao medio
          - CMTMV02 - Electromecánica de vehículos automóbiles
            * MP0457 - Circuítos eléctricos auxiliares do vehículo
            * MP0458 - Sistemas de seguridade e confortabilidade
        # Ciclos formativos de grao superior
          - CSTMV01 - Automoción
            * MP0291 - Sistemas eléctricos e de seguridade e confortabilidade

Corpos e especialidades

511111 - Catedráticos de ensino secundario. Organización e proc. de mantenemento de vehículos

590111 - Profesores de ensino secundario. Organización e proc. de mantenemento de vehículos

591209 - Profesores técnicos de formación profesional. Mantemento de vehículos

Temas e subtemas

Plan anual - 2014-2015

Criterios de selección

Os xerais do plan anual

Obxectivos

1. Analizar os coñecementos básicos, conceptos e procedementos da electrónica dixital aplicada na Automoción.

2. Identificar os compoñentes comerciais das diferentes familias lóxicas, dos medios físicos de transmisión de sinais e interpretar o seu funcionamento e aplicacións.

3. Formular proxectos didácticos para deseñar e realizar diversos circuítos dixitais orientados en redes de comunicación multiplexadas.

Contidos

1.Funcións lóxicas e circuítos integrados asociados.

2.Táboas de verdade, simplificación de funcións lóxicas.

3.Montaxes básicas, utilización de programas de simulación por ordenador.

4.Exemplificación de proxectos didácticos con electrónica dixital orientada á comunicación multiplexada.

5.Compoñentes eléctricos e electrónicos das redes multiplexadas: identificación, características, constitución e funcionamento.

6.Sistemas de codificación (protocolos).

   6.1.Conversión entre sistemas.

   6.2.Capa física (medio de comunicación): cable e fibra óptica.

   6.3.Tensións e velocidades características.

   6.4.Sistemas de transmisión de datos (VAN, CAN, LIN, Most, Bluetooth, etc.).

   6.5.OBD.

   6.6.Equipamentos de control e diagnose.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Pidre Mosquera, José Manuel

Enderezo Electrónico:  cafi.fp@edu.xunta.gal

Programa

guia_G1501059.pdf