Descrición da actividade


Título

Iníciate na European School Education Platform (ESEP) e eTwinning

Actividade precedente

Iníciate na Plataforma Europea de Educación Escolar (ESEP) e eTwinning

Tipo precedencia: Curso modificado

Competencias profesionais

Competencia en organización escolar e colaboración - Deseño, coordinación e execución de propostas

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Forma de participación

En rede

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G2301072
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  10/04/2024  -  24/05/2024
Data límite de inscrición: 23/02/2024
Lugar: En rede
Prazas:  52

Horas totais

Horas presenciais: 0
Horas non presenciais: 30
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Temas e subtemas

Plan anual - 2023-2024
Plan anual - 2024-2025

Criterios de selección

Os descritos no plan xeral de formación

Indicadores de competencias

Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional - B1 - 1.4.B.1.1. Participa en actividades de formación para o desenvolvemento profesional docente dirixidas persoas expertas, en liña ou presenciais, nas que se utilicen recursos dixitais para o seu desenvolvemento.

Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - B1 - 2.3.B.1.3. Utiliza formatos estandarizados para a compartición de contidos educativos dixitais.

Competencia en organización escolar e colaboración - Deseño, coordinación e execución de propostas - Básico - Infórmase sobre os programas, accións e procesos ofertados polo centro ou a consellería.


Obxectivos

1.Coñecer e analizar o contexto da Plataforma Europea de Educación Escolar (ESEP) no marco da política educativa europea.

2.Participar de forma activa na ESEP tanto en proxectos como nas diferentes modalidades de desenvolvemento profesional.

3.Coñecer as ferramentas de traballo propias da ESEP para ser quen de deseñar un proxecto colaborativo para o centro escolar a partir de principios básicos de análise, planificación e avaliación.

Observacións

As datas son orientativas e están suxeitas a cambios

Contidos

1.A ESEP no contexto das políticas educativas europeas.

2.Portais da ESEP. Rede de docentes e espazo de traballo dos proxectos.

3.O desenvolvemento profesional na ESEP.

4.Deseño dun proxecto colaborativo segundo os requisitos de calidade.

5.Fundamentos pedagóxicos da aprendizaxe en colaboración.

6.Actividades e ferramentas para acadar a colaboración entre centros escolares asociados.



Prerrequisitos

Dominio de competencia TIC, subcompetencia software en nivel usuario.


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Iglesias Saco, María Cristina

Enderezo Electrónico:  cafi.tic.programas@edu.xunta.gal

Programa

GUIA_2023_G2301072-In_eTwinning_6_Ed.pdf