Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020, con data do 19 de febreiro de 2020.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados accedendo ao seu expediente na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Recorde que para entrar na aplicación necesitará autenticarse previamente. Tamén poden consultar no centro onde teña dirixida a solicitude.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente imprimila, asinala e presentala, xuntando a documentación que corresponda, na sede onde solicitou realizar o procedemento.

Medio de presentación da emenda e/ou reclamación: A solicitude de emenda ou reclamación xunto coa documentación poderá ser presentada mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou no propio centro de maneira presencial ou mediante correo certificado.

Para aquelas persoas que non se atopen nas listaxes e sempre que teña seguido, e só no caso, o procedemento establecido para a presentación da solicitudes, isto é, ter rexistrada a súa solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/acreditacion e entregada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá presentar reclamación dirixida ao centro elixido para realizar o procedemento por algún dos medios establecidos no parágrafo anterior.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias e que deben consultar as listaxes de persoas que deben emendar documentación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.

15006754 - CIFP Ferrolterra

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15006778 - CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

Solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación

15014556 - CIFP Coroso

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15016000 - CIFP Compostela

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15022607 - CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15024513 - CIFP Someso

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15027800 - CIFP Imaxe e Son

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

15027897 - CIFP Paseo das Pontes

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

27006516 - CIFP Politécnico de Lugo

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

27006528 - CIFP As Mercedes

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

27020793 - CIFP Porta da Auga

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

32008902 - CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

32015050 - CIFP A Farixa

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

32016765 - CIFP Portovello

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

Solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación

36007552 - CIFP A Granxa

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

36013448 - CIFP Manuel Antonio

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

36014489 - CIFP A Xunqueira

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

36014568 - CIFP Valentín Paz Andrade

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

36020064 - CIFP Carlos Oroza