Retorna Talento FP 2023/2024
Información xeral
Menores de 40 anos poderán iniciar neste 2023 en Galicia estudos de FP, que se ofertarán en dúas modalidades:
Modalidade A
48 Bolsas de 6.500 euros para cursar programas específicos de formación profesional:
- Formación específica básica de albanelaría e fontanería (597 horas), en A Coruña
- Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas) en Ferrol, A Coruña
- Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas) en Culleredo, A Coruña
Non hai requisitos de titulación.
Valorarase a experiencia laboral e formación relacionada coa praza que se solicite.
Modalidade B
60 Bolsas de 10.800 euros para cursar un ciclo oficial de FP en modalidade semipresencial e a distancia dual.
Nesta modalidade a formación terá unha duración de dous cursos académicos. Durante o curso 2023/2024, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, que poderá desenvolver desde o seu país de residencia, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá na empresa. O curso 2024/2025 desenvolverase na modalidade semipresencial e a distancia dual, cunha primeira parte de formación no centro educativo seguido dunha formación no centro de traballo.
Os ciclos que se ofertarán son:
- Ciclo superior de Deseño e amoblamento, en Ferrol (A Coruña)
- Ciclo superior de Proxectos de edificación, en A Coruña (A Coruña)
- Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos, en Culleredo (A Coruña)
- Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos en Vilamarín (Ourense)
- Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia en Redondela (Pontevedra)
As persoas solicitantes poderán concorrer ás distintas ensinanzas ofertadas, elixindo a súa primeira opción como preferente, e sinalando na solicitude as restantes opcións segundo a súa orde de preferencia.
Para optar a esta axuda é necesario acreditar titulación homologada ou en proceso de homologación (Título da ESO ou equivalente para ciclos medios, e título de bacharelato ou equivalente para ciclos superiores).
Documentación a achegar coa solicitude:
- Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade ou nacionalidade española, para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade) español.
- Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.
- Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de fin de presentación da solicitude.
- Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia:
- Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.
- Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/s concello/s galego/s onde residiron.
- Descendentes por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa emigrante nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.
- Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), ou calquera outra documentación acreditativa deste aspecto.
- Para as persoas solicitantes da modalidade A, documentación acreditativa da experiencia laboral e formación relacionada coa praza que solicita.
- Para as persoas solicitantes da modalidade B, titulación homologada ou solicitude de homologación da formación necesaria para acceder ao ciclo ofertado.
Máis información: retorna.talento.fp@edu.xunta.gal.