Proxecto Miniempresas Lugo 2021-2022

O programa Lanzadeiras Lugo desenvólvese dentro do Plan Eduemprende do Sistema Educativo de Galicia, que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa nos niveis non universitarios da cultura emprendedora. Lanzadeiras Lugo establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Alcoa para promover o espírito emprendedor e promover a innovación e o emprendemento do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.

Trátase dun programa que busca un avance no desenvolvemento do espírito emprendedor no alumnado favorecendo a adquisición de hábitos e condutas emprendedoras.

O programa Lanzadeiras Lugo vai orientado á creación de miniempresas educativas en centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na provincia de Lugo, durante o curso escolar 2021/2022.

Programa dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia de Lugo con alumnado de 6º de primaria, 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 27 de abril ata o 11 de maio de 2022.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.


Convocatorias anteriores:

Etiquetas: