Proxecto MATES. Conferencia sobre construción naval no CIFP Someso

O pasado 18 de novembro de 2021 tivo lugar a conferencia "Construción naval: Historia dunha innovación constante", como parte das actividades derivadas do Proxecto MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy), liderado polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR e coa participación activa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Grazas a este proxecto, o alumnado do CIFP Someso dos ciclos formativos da familia profesional de Fabricación mecánica, tivo a oportunidade de asistir á conferencia impartida por Rodrigo Pérez Fernández, profesor de enxeñaría naval da Universidade Politécnica de Madrid, na que se trataron temas como a orixe histórica da construción naval, laser scanning, intelixencia artificial e realidade virtual.

Este proxecto está cofinanciado polo programa Erasmus + da Unión Europea.

 

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Proxecto MATES. Conferencia sobre construción naval no CIFP Someso
  • Proxecto MATES. Conferencia sobre construción naval no CIFP Someso
  • Proxecto MATES. Conferencia sobre construción naval no CIFP Someso
Multimedia: