Carta Erasmus 2013. Aberto o prazo de solicitude

Publicouse no diario oficial da Unión Europea DOUE, con data 14 de febreiro, a convocatoria de propostas para a obtención da Carta Erasmus 2013.  O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de marzo

Deberán presentar a solicitude aqueles centros educativos que non teñan carta erasmus e queiran solicitala, e os que desexen ampliar o tipo de carta, co fin de acceder a outro tipo de mobilidades.

Todas as cartas erasmus terán vixencia ata o curso 2013-14, momento no que comeza o novo programa de aprendizaxe permanente erasmus for all.