Carnés profesionais: listaxe provisional

Publicación da listaxe de persoas admitidas e excluídas para as probas de obtención de determinados carnés profesionais no ano 2011.

- Ver listaxe provisional

 Prazo para a presentación de reclamacións: as persoas excluídas, así como as que non figuren nin nas relacións de admitidas nin nas de excluídas, disporán dende o día 27 de setembro ata o día 7 de outubro, ambos inclusive, para a emenda de defectos.

Lugar e forma de presentación de reclamacións: as reclamacións dirixíranse á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa mediante un escrito no que se especificarán os motivos da reclamación e, de ser o caso, acompañarase da documentación oportuna que corrixa os posibles defectos.

A publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as probas de obtención de determinados carnés profesionais no ano 2011 realizarase logo de transcorrido o prazo de reclamacións e revisadas estas.

Publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas, as datas, a hora, os lugares de realización dos exames e a composición dos tribunais nas xefaturas territoriais, na páxina web de Formación Profesional. 

Correccións na listaxe provisional de persoas inscritas no carné de instalacións térmicas de edificios

Detectados erros na listaxe provisional de persoas inscritas  na proba para a obtención do carné profesional de instalacións térmicas de edificios publicada o día 26 de setembro, publícase unha nova listaxe co mesmo caracter provisional. As persoas excluídas, así como as que non figuren nin na relación de admitidas nin na de excluídas, disporán desde o día 8 de outubro ata o día 20 de outubro, ambos incluidos, para a emenda de defectos.